Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Dyara Atomicus Jumpology 3

Efecto Jumpology: Dyara Atomicus

Hoxe en día está moi de moda o chamativo efecto antigravidade de saír saltando nas fotografías, coñecido como Jumpology. Capturar o intre onde o suxeto non está en contacto co chan sempre crea unha imaxe sorprendente  para o noso entendemento do mundo, ademais a menos premeditada expresión facial faina máis natural e xenuína.

A primeira gran fotografía con esta técnica data de 1948, xurdíu nas cabezas de dous xeniais loucos; Salvador Dalí e Philippe Halsman para crear o “Dalí Atomicus“. A idea parte do cadro de Dalí “Leda Atómica” ( cadro presente na fotografía, á dereita, e que curiosamente data de 1949 ) e explota o concepto de suspensión, como estado atómico, con unha estética totalmente surrealista.

Moita xente, incluso profesionais do audiovisual, cren que é unha fotomontaxe, pero o certo é que a fotografía é totalmente real. Realizouse no estudo de Halsman en Nova York e a ausencia da tecnoloxía para crear tal fotomontaxe fixo agudizar o inxenio, e traballar duro na fotografía:

Tres asistentes lanzaron os gatos a conta de tres, outro asistente lanzou a auga, a muller de Halsman, sostiña a silla ( pola pata que está fora do cadro ) o quinto asistente retiraba repentinamente o chan para que os mobles quedaran suspendidos no aire  e Dalí saltaba a conta de catro.

Despois de 30 intentos e horas de traballo o resultado final foi esta fotografía:

Dali Atomicus Philippe Halsman 1948

Dali Atomicus Philippe Halsman 1948

Halsman fotografou posteriormente a moitos persoeiros da época saltando creando unha serie icónica. Xunto con Dalí seguiron traballando en outros proxectos, un exemplo é o libro “Dali Mustache” onde xurdíu a imaxe “In Voluptas Mors“.

O certo é que é moi sinxelo crear este efecto na actualidade, só basta con saltar e capturar o intre. Pero podemos facelo máis elaborado e sorprendente engadindo máis elementos que floten sen necesidade dos 5 asistentes, simplemente con Photoshop ;)

Na fotografía Dyara Atomicus, cada un dos elementos está fotografado independentemente, o único que temos que ter en conta é que a cámara non se mova ( colocámola no trípode ) e que os parámetros de disparo e flash, necesario para conxelar á perfección o intre, non muden.

Tomamos cada fotografía, con un disparador para non mover en absoluto a cámara en toda a secuencia e activando o temporizador,  se non temos quen  nos axude. Lanzamos os obxectos ao aire e procuranmos distribuilos no plano, ( tede coidado se lanzades unha nena: procurade que caia na cama ).

Unha vez temos tódalas imaxes debemos xuntalas nunha soa con Photoshop; en realidade é bastante sinxelo, pois o plano e o fondo son exactamente iguais, só debemos recortar e ter un pouco de coidado coas sombras.

Jumpology Photoshop

Jumpology Photoshop

Dyara Atomicus Jumpology 2

Dyara Atomicus Jumpology 2

This post is also available in: Spanish

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*