Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Fotografias Historicas

Fotografías Históricas

A importancia da fotografía na historia recente estriba en que nos achegou a outras realidades, outras perspectivas, dotounos de maior obxectividade e informounos de situacións que sen ela descoñeceríamos co cal nos dou unha maior sensibilidade; e ainda que en ocasións foi utilizada para contarnos mentiras convertiuse nunha ferramenta fundamental do periodismo, da arte, da narrativa, da documentación e da vida diaria.

Hai fotografías que cambiaron a historia, ou que foron utilizadas para cambiala, e a continuación vou a postear as fotografías máis icónicas da historia:

 

Niepce Primera Fotografía 1826

Niepce Primera Fotografía 1826

Esta é a primeira fotografía da historia, realizada por Joseph Nicéphore Niépce en 1826 mediante o método que chamou Heliografía na que capturou a vista dende a sua ventá. Niepce comenzou a facer experimentos con barnices sensibles á luz, con cloruro de prata etc.  pero as imaxes desvanecianse en seguida, ata que probou con betún de xudea e en 1822 comezou a conseguir imaxes duradeiras, desafortunadamente estos primeiros negativos destruíronse ao intentar positivalos. Finalmente en 1826 logrou esta imaxe do tellado do veciño, a que é considerada a Primeira Fotografía da Historia e todo isto fixoo só por ser un mal debuxante o que o levou a buscar un método que lle permitise reflexar a realidade dun xeito fiel. Outra vez as nosas debilidades fannos fortes ;)

Conrad Heyer e John Adams: A primeira Fotografía de retrato

Sí, existe unha disputa intelectual sobre quen foi a primeira persoa fotografada.

Segundo a Maine Historical Society foi Conrad Heyer, un veterán da Guerra de Secesión Americana nado en 1749 e que foi retratado en 1852, sí con 103 anos!:

Conrad Heyer 1852

Conrad Heyer 1852

Por outra parte a Susquehanna County Historical Society posue unha copia de un zapateiro chamado John Adams nado en 1745 e que ainda que non dispoñen do orixinal, aseguran que a fotografía foi tomada entre 1839 e 1849.

John Adams 1839-1849

John Adams 1839-1849

Ambas fotografías tomáronse coa técnica do Daguerrotipo, Louis Daguerre foi socio de Niepce ata a morte de este, e despois continuo durante anos, sen coñecementos técnicos, facendo proba-erro ata que atopou un sistema propio en 1839. En ese mismo ano, entusiasmado polo seu logro, adicouse a tirar fotografías cal neno con cámara nova, con exposicións de 10 minutos, e entre elas está a fotografía “Boulevard du Temple, Paris” na cal podemos ver a unha persoa! Paciente, por suposto.

Boulevard du Temple, Paris 1839

Boulevard du Temple, Paris 1839

En realidade ese bulevar seguro que estaba ateigado de xente, pero o único que permaneceu estático durante eses dez minutos de exposición da fotografía foi o señor ao que lle estaban a limpar os zapatos, o certo é que resulta xenialmente paradóxico pasar a historia por Non facer nada ;)

Primera persona fotografiada 1839

Primera persona fotografiada 1839

Manipulacións Fotográficas Históricas

En moitas ocasións a fotografía utilizouse para xustificar accións políticas, rememoralas e reescribir a historia, como sempre: coa versións dos vencedores.

Dous dos exemplos máis icónicos son a toma do Reichstag polos soldados soviéticos e o izado da bandeira americana sobre o monte Suribachi en Iwo jima.

Un dos primeiros Photoshop da Historia: Bandeira da URSS sobre o Reichstag

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Manipulada

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Manipulada

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Original

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Original

Varios días despois da caída de Berlín na Segunda Guerra Mundial, o fotógrafo Yevgueni Chaldej, que traballaba para a Axencia de Prensa Soviética TASS, fixo confeccionar unha gran bandeira coa oz e o martelo e a continuación subir a dous soldados soviéticos ao máis alto das ruínas do Reichstag ( o parlamento alemán ) co fin de crear unha imaxe icónica da victoria dos sovietos sobre os alemáns e de paso deixar claro quen foi o primeiro en chegar, liberar Berlín e acabar cos Nazis.

O feito de subir tan arriba para realizar a fotografía, fixo necesario que un segundo soldado suxeitara ao portador da bandeira. E é aquí onde Chaldej tivo que por en funcionamento as suas dotes de manipulador, pois na fotografía orixinal pódese observar como o soldado de apoio porta dous reloxos; resulta máis probable que o home os roubase como botín dos vencedores que que estivese interesado na hora de berlín e siberia ao mesmo tempo. Este sutil matiz da imaxe tiña pouco carácter heróico e Chaldej decidiu borrar un dos reloxos e  xa de paso engadir un pouco de fume para darlle máis dramatismo á imaxe, xa que os combates xa cesaran.

A maniobra propagandística estaba máis orientada a arengar aos propios rusos xa que a Nai Patria foi a nación con máis baixas da guerra, con uns escalofriantes 20 millóns de mortos. Os supervivintes podían aferrarse a unha imaxe para darlle senso a tanta dor e tantas mortes.

Bandeiras dos nosos pais.

Joe Rosenthal Banderas de nuestros padres Iwo Jima Suribachi

Joe Rosenthal Banderas de nuestros padres Iwo Jima Suribachi

Joe Rosenthal gañou o Premio Pulitzer coa imaxe dos seis Marines izando a bandeira de EEUU no cumio do monte Suribachi en Iwo Jima e esta converteuse nun dos símbolos máis patrios da cultura americana, reflexando a unión e o esforzo cara un mesmo obxectivo.

Iwo Jima era un pequeno deserto de azufre no medio do pacífico que non posuia ningún recurso, sen embargo era un punto estratéxico para continuar coa conquista sobre o resto de illas do Imperio Nipón, xa que tiña un pequeno aeródromo; por este motivo converteuse nunha das batallas máis sanguinarias do pacífico, na cal morreron 24.500 americanos e 21.000 xaponeses ( todos os que alí había, capturáronse 216 prisioneiros que en realidade eran traballadores coreanos ).

A fotografía de Rosenthal representaba o triunfo dos americanos e a fe incorruptible na victoria final a través da unión, todo sería ideal se na realidade non se tratara de unha interpretación:

Rosenthal fixo posar aos soldados ergendo a bandeira cando os combates xa finalizaran.

Robert Capa, o Miliciano Español e as 11 fotografías lixeiramente desenfocadas.

Robert Capa, Endre Ernő Friedmann en realidade ( Budapest 22 de Outubro do 1913 ) era un xudeo húngaro que decidiu fuxir do fascismo incipiente a primeiros da décado dos 30 en europa do Este e refuxiarse en París, alí coñeceu a Gerda Taro, Gerta Pohorylle en realidade, e xuntos crearon ao personaxe “Robert Capa” alentados polas poucas esperanzas de vender fotografías sendo unha muller ou un xudeo.

Gerda faleceu en Madrid no 1937, avanzada a Guerra Civil Española, ela estaba a tomar unha fotografía e non percibiu un tanque que daba marcha atrás na voráxine do replege das tropas republicanas en Madrid pola chegada do exercito franquista, e partir de ese momento o pseudónimo Robert Capa asóciase só a Endre.

En España foi onde tomou unha das suas fotografías máis controvertidas e recoñecidas: “Morte de un miliciano” tomado o 5 de setembro de 1936 en Espejo ( Córdoba ). Durante anos cuestionouse a veracidade da imaxe por varios motivos; a día de hoxe parece bastante probable que a imaxe sexa real pois os rexistros atestiguan que o miliciano fotografado, Federico Borrell «Taíno», faleceu ese día en esa localidade; pero tamén se cuestiona se a fotografía é de Endre ou de Gerda. En calquer caso Capa contou que se atopaba nunha trincheira presenciando o asalto dos milicianos a unha ametralladora franquista, e no cuarto destos asaltos alzou o brazo e disparou ao chou a sua Rolleiflex ( non a habitual Leica I ) e captou por fortuna para él e moi mala para o miliciano “Taíno” o intre exacto da sua morte, a imaxe convertiuse no símbolo máis recoñecido da Guerra Civil Española e da Guerra en xeral.

Muerte de un Miliciano - Robert Capa 1936

Muerte de un Miliciano – Robert Capa 1936

Uns cantos anos e moitas batallas despois, Robert Capa volveu a ter “sorte” e desembarcou o Día D, 6 de Xuño de 1944, co exército aliado na praia de Omaha, en Normandía. A sua controvertida fortuna foi que Omaha foi a praia na que os alemáns presentaron a resistencia máis dura e encarnizada de toda a operación “Overlord” na que desembarcaron 156.000 soldados americanos, ingleses e canadenses, que tamén mobilizou a 5.000 buques e 7.000 avións con 23.000 paracaidistas, converténdose na maior maniobra militar da historia.

Nun dos vehículos anfibios e no medio dos soldados con fusiles de asalto, estaba Capa con 3 cámaras colgadas do pescozo e só seguro de unha cousa: as 6 e media da mañá, hora do desembarco, tería luz suficiente para realizar as fotografías.

Durante 90 minutos e no medio de disparos, bombas, gritos, vísceras, cadáveres e defensas anticarro Capa realizou 106 fotografías dun dos feitos máis importantes da historia da humanidade.

Ao día seguinte na revista Life, en Londres, non sabían nada de él ata que pola tarde un motociclista entrou a toda presa con uns carretes na oficina do redactor xefe. Inmediatamente mandáronos ao laboratorio coa mala fortuna de que as presas e a tensión do operario encargado de revelalos fixo que aplicara demasiado calor para secar os negativos e queimounos case por completo, só se salvaron 11 fotografías menos afectadas. Ao día seguinte LIFE publicou 8 de elas co seguinte pe de foto “Desculpen pero as fotografías están lixeiramente desenfocadas porque a mans o noso fotógrafo Robert Capa tremeran violentamente.”

Anos despois Capa escribiu a suas memorias e titulounas “Lixeiramente desenfocado” ( “Slightly out of focus” )

Robert Capa Soldado americano Edward K. Regan desembarcando en la playa de omaha en normandia 6 de Junio 1944 Dia D

Robert Capa Soldado americano Edward K. Regan desembarcando en la playa de omaha en normandia 6 de Junio 1944 Dia D

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Tras o Día D, Robert Capa estivo oficialmente morto durante 48 hora despois de que un sarxento asegurara ver flotar o seu cadáver na praia, ao enterarse, o exército enviou unha nota necrolóxica alabando a sua labor como fotoreporteiro de guerra e mentras eso sucedía Capa seguía en Omaha facendo fotografías.

Por suposto tamén se segue debatindo e especulando sobre se as fotografías están realmente desenfocadas polo erro do químico ou de Capa, e se existían as 106 fotografías que Capa sosten nas suas memorias ou só as 11 que se salvaron, o certo é que todo o que rodea ao mito de Capa está en debate, pero o seu legado é innegable.

Cita de Capa en “Lixeiramente desenfocado”:

“Si en este punto de la historia mi hijo me interrumpiera para preguntar -¿Cuál es la diferencia entre un corresponsal de guerra y cualquier otra persona de uniforme?- tendría que responder que el corresponsal de guerra bebe más, liga más, gana más y tiene más libertad que un soldado, pero que a esas alturas de la guerra, tener la libertad de elegir dónde estar en cada momento y tener la posibilidad de ser considerado un cobarde sin ser ejecutado por ello, constituían para él una tortura. El corresponsal de guerra tiene en sus manos su mayor apuesta: su vida, y puede elegir el caballo al que apostarla, o puede guardársela en el bolsillo en el último segundo. Yo soy un jugador. Decidí acompañar a la Compañía E en la primera oleada.”

Capa fundou en 1947 a axencia fotográfica Magnum Photos xunto con Henry Cartier-Bresson, David Seymour, George Rodger e Bill Vandivert. Dez anos despois do DÍA D pisou unha mina en Indochina ( o actual Vietnam ) e faleceu.

A imaxe más reproducida da historia

O 5 de Marzo de 1960 Ernesto Guevarra ( O Che Guevara ), sendo Presidente do Banco Central de Cuba, asómase ao balcón e observa a xente na Praza da Revolución para asistir ao enterro das 101 víctimas do atentado terrorista ao barco La Coubre na Habana; en ese preciso intre Alberto Díaz Gutiérrez ( Alberto Korda ) que traballaba para o diario Revolución disparou a súa cámara e captou a seguinte instantánea:

 

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960

Como Korda antes da Revolución fora fotógrafo de moda, viulle un gran potencial estético a imaxe facendo un sinxelo recorte e eliminando a personaxe de perfil e a palmeira, ata obter a imaxe do Che a cal chamou “Guerrillero Heroico“.

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960 Recortada

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960 Recortada

A fotografía permaneceu no olvido ata a morte do Che no 67 en Bolivia, momento no cal o propio Fidel Castro buscou imaxes para un cartel homenaxeador de Guevara. Posteriormente o artista irlandés Jim Fitzpatrick pasou a imaxe a duas cores e a ilustración acabou imitando o estilo da serie de retratos de Andy Warhol para estampar camisetas, pins, cartéis, discos, tazas, pegatinas, merchandising vario….

Che_por_Jim_Fitzpatrick.svg

Paradóxicamente o icono da revolución comunista converteuse na imaxe máis comercializada, usada e explotada da historia por empresarios e superartistas como Warhol, mentras tanto Alberto Korda, coa sua filosofía comunista, nunca esixiu un peso do gran negocio, pois tal como afirmou él mesmo:

“Como defensor de los ideales por los que el Che Guevara murió, no me opongo a la reproducción de la imagen para la difusión de su memoria y de la causa de la justicia social en el mundo”

Korda faleceu no 2001 e tras de sí deixou non só a eclipsante fotografía do Che, senón o retrato da Cuba revolucionaria.

Alberto Korda Cuba Revolucionaria

Alberto Korda Cuba Revolucionaria

This post is also available in: Spanish

Xosé (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*