Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am a fool creative, between genius and vulgarity, complicated but neccessary balance; either of them would become me fooler.

If you want to hire my services or buy one of my works, complete this form and I answer you as soon as possible.

Currículo Xosé Rivera

Por favor, corrige el formulario

requerido *

Archivos por categoria: Historias Fotográficas

Presentación da Exposición “Historia da Fotografía”.

Fotografias Historicas

Fotografías Históricas

A importancia da fotografía na historia recente estriba en que nos achegou a outras realidades, outras perspectivas, dotounos de maior obxectividade e informounos de situacións que sen ela descoñeceríamos co cal nos dou unha maior sensibilidade; e ainda que en ocasións foi utilizada para contarnos mentiras convertiuse nunha ferramenta fundamental do periodismo, da arte, da narrativa, da documentación e da vida diaria.

Leer más

The Falling Man

The Falling Man

Richard Drew atopábase en Nova York o 11 de Setembro de 2001 como fotógrafo de Associated Press, cando repentinamente 2 avións impactaron contra as Torres Xemelgas, Drew mudou os seus plans e aproximouse ao lugar a fotografar o suceso.

De tódalas imaxes que tomou, Drew escolleu The Falling Man; unha foto impactante e desconcertante dun home precipitándose ao vacío e acabando así coa sua vida. A imaxe xerou unha gran controversia nos Estados Unidos pois mostraba o máis crudo do atentado, xeraba un medo baseado nunha turbadora sinrazón que non podían controlar coas suas imaxes de bombeiros e civís traballando patrioticamente en paliar a desfeita.

Leer más

Kevin Carter Kong Nyong

Kong Nyong e o voitre

A imaxe da polémica, a imaxe que fixo discutir ao mundo sobre si Kevin Carter era un desalmado, a discusión que fixo darse conta ao mundo de que era un desalmado.

Ata esta fotografía a crise de refuxiados de Sudán, provocada por un golpe de estado, pasara desapercibida nos medios occidentais e as axudas eran moi cativas, Kevin Carter viu o famélico neno mentras un voitre o asexaba, incluso esperou a que o voitre abrira as as para que a imaxe e o asedio resultase máis espectacular, pero non sucedeu.

A imaxe definitiva crucificou a Carter, gañou o Pulitzer, e todos os medios se cebaron sobre a actitude de Carter, sobre a sua motivación, deixou ao neno desprotexido a mercede do voitre por unha fotografía mellor ou por chegar a unha sociedade anestesiada co consumismo, o fútbol e a silicona.

O certo é que o voitre non esperaba a morte do neno, senón as suas heces, por ese motivo se alonxara da tribu; como se pode ver na sua man dereita Kong leva unha pulseira de plástico da estación de comida da ONU. Outros fotógrafos que estaban no campo de refuxiados tomaron a mesma fotografía, pero a publicada foi a de Carter. A sua mente perturbada polas suas adicións non resistiu a presión e un ano despois de realizar esta fotografía tapou o tubo de escape do seu coche, acendeuno e deixou esta nota no asento do copiloto:

“Estou deprimido […] sen teléfono […] cartos para o aluguer […] cartos para o mantemento dos fillos […] cartos para as débedas […] ¡¡¡cartos!!! […] Estou atormentado polos recordos vívidos dos asasinatos e os cadáveres e a ira e a dor […] do morrer de fame ou os nenos feridos, dos loucos do gatillo fácil, a miudo da policía, dos asasinos verdugos […] Fun a unirme con Ken, se teño sorte.”

KC
O neno chamábase Kong Nyong, e Sí, sobreviviu.

Kong Nyong

Kong Nyong

la niña afgana sharbat gula

A Nena Afgana

A máis penetrante, profunda e enigmática mirada cal Gioconda da fotografía foi capturada en Xuño de 1984, no campo de refuxiados afganos Nasir Bagh dentro de Pakistán durante a guerra cos soviéticos.

Steve McCurry foi o enviado por National Geographic a cubrir a nova en un tempo onde fotografar unha muller afgana era un pecado. Él conta que o campo era un caótico labirinto de tendas de campaña e no interior de unha de elas había unha escola, en seguida lle chamou a atención a xoven, pero percibiu a sua timidez e abordouna en último lugar para que se sentira máis cómoda, ela accedeu.

A fotografía publicouse na portada de Xuño de 1985 e dende ese momento converteuse na máis recoñecida na historia das publicacións impresas, a nena permaneceu no anonimato ignorando a sua relevancia como icono gráfico e figura dos refuxiados do mundo, ata que 20 anos despois un equipo de NatGeo embarcouse na búsqueda da muller. Atopárona de volta en Afganistan, casárase un ano despois da fotografía, con 13 anos, ten 3 fillos e chámase Sharbat Gula.

McCurry realizou a fotografía con un carrete de Kodachrome 64, a mítica película surxida na década de 1930, o último carrete producido pola marca usouse para que McCurry volvese a revelar esta fotografía.

Documental de National Geographic “En Busca de la Muchacha Afgana”:

la-nina-afgana-20-anos-despues

la-nina-afgana-20-anos-despues

National Geographic la niña afgana sharbat-gula

National Geographic la niña afgana sharbat-gula

Esta é a portada alternativa que National Geographic descartou a última hora:

Fotografía Alternativa Niña Afgana

Fotografía Alternativa Niña Afgana

Steve McCurry

Steve McCurry

 

La Niña del Napalm

A Nena do Napalm

Hai fotografías que cambiaron a historia, esta é unha delas. Thi Kim Phuc tiña só 9 anos cando un avión do exército survietnamita bombardeou o seu pequeno pobo en Trang Bang, preto de Ho Chi Minh ( o entón Saigón ), nun ataque coordinado co mando estadounidense para tentar controlar as estradas de abastecemento entre Camboia e Vietnam.

Segundo os americanos, os seus informes indicaban que non había civís na zona; Pero sí os había, e o napalm arrasou con todo, incluido o 65 % da pel da fráxil e desvalida Phuc, totalmente espida porqué a sua roupa calcinárase coa deflagración mentras corría e gritaba “Moi quente!, Moi quente!” cun rostro aterrorizado e cheo de bágoas.

Foi o 8 de Xuño de 1972 cando o fotógrafo Nic Ut realizou esta toma e retratou de xeito crudo o horror da guerra; a imaxe resultou tan realista e acercábamos tanto a cruel realidade do conflicto que resultou fundamental para o cese do mesmo.

Marc Riboud Manifestación Vietnam 1975 Jan Rose Kasmir

Moza ofrecendo unha flor aos soldados

Jan Rose Kasmir tiña 17 anos e estudaba secundaria no Instituto de Maryland cando en Outubro de 1967 se enfrentou con unha flor e soa a un batallón de soldados coa baioneta calada, o momento foi fotografado por Marc Riboud e a imaxe converteuse no símbolo de unha xeración de xóvenes antibelicistas que loitaban contra a política exterior dos seus gobernantes con mensaxes de paz e amor como bandeira.

O fotógrafo lembra que cubría a manifestación en fronte ao Pentágono contra a Guerra de Vietnam, secundada por máis de 100.000 persoas e repentinamente viu a aquela moza hippie e desaliñada que se acercaba sen medo ás baionetas dos 2.500 soldados que protexían a sede políticomilitar americana: “Ela falaba cos soldados, intentaba chamar a sua atención, quizais dialogar con eles. Tiven a impresión de que os soldados lle tiñan máis medo a ela que ela as baionetas” Afirmou Marc Riboud.

No 2003, 36 anos despois, Riboud e Kasmir volvéronse a atopar, de esta vez en Londres, nunha manifestación contra a guerra de Irak. Jan Rose, portaba un cartel coa fotografía de Riboud de 1967 e o reporteiro volveuna a retratar:

marc riboud and jan rose kasmir 2003 londres

marc riboud and jan rose kasmir 2003 londres

 

 

A imaxe más reproducida da historia

O 5 de Marzo de 1960 Ernesto Guevarra ( O Che Guevara ), sendo Presidente do Banco Central de Cuba, asómase ao balcón e observa a xente na Praza da Revolución para asistir ao enterro das 101 víctimas do atentado terrorista ao barco La Coubre na Habana; en ese preciso intre Alberto Díaz Gutiérrez ( Alberto Korda ) que traballaba para o diario Revolución disparou a súa cámara e captou a seguinte instantánea:

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960

Che Guevara por Alberto Korda 5 Marzo 1960

Leer más

El beso del Hôtel de Ville 1950

O Bico do Hotel de Ville

É unha putada que estale unha burbulla de máxica perfección natural, pero o que ate 1992 foi unha idílica e espontánea fotografía de Robert Disneau coa sua Rolleiflex mentras se atopaba sentado tomando un café fronte ao Hotel de Ville en París no 50; e que posteriormente se converteu na imaxe máis vendida da historia superando as 450.000 copias, resultou ser unha montaxe con dous actores :(

Todo saltou a luz cando en 1992 dous impostores aseguraron ser os protagonistas da fotografía, entón Disneau revelou a historia orixinal e confesou que se trataba de unha toma preparada, para a cal contratara a dous actores e como forma de pago entregoulles unha copia.

Françoise Bornet ( a muller do bico ) aceptou esta rácana forma de pagamento, esperou 55 anos e no 2005 sacouna a subasta, vendeuna por 200.000 dolares.

El Beso de Times Square

O bico de Times Square

O día que rematou a Segunda Guerra Mundial, os cidadáns de Nova York tomaron a praza de Times Square en Manhattan. En ese clima de algarabía e frenesí un aposto ou aproveitado xoven mariñeiro adicábase a bicar a tódalas mulleres que topaba no seu camiño, mozas xóvenes e vellas por igual, o home estaba desatado cal borracho nunha barra libre. O fotógrafo Xermano-Americano Alfred Eisenstaedt que cubría o evento para a revista Life presenciaba estas e outras espontáneas mostras de embriagante afecto entre os xóvenes liberados de un futuro tenebroso e sinistro cando este extravangante Don Xoan fíxose cos beizos dunha enfermeira e Eisenstaedt captou ese preciso intre, enfatizado pola contraste entre o negro e branco dos seus uniformes, que resalzaba a forza da imaxe e representaba a liberación de unha xeración. Paradóxicamente un bico entre dous descoñecidos converteuse nun dos máis coñecidos da humanidade.

Leer más