Espidos
Proxecto EspidosO obxectivo do proxecto é o de crear unha colección de fotografías de espidos en situacións cotiáns, de relacións sociais e actividades individuais que sorprendan ao observador coa nova visión dunha realidade oculta; así mesmo desgastar o tabú do medo ao noso propio corpo.
O tratamento do tema será dignificante para as personaxes e buscaremos a beleza na naturalidade.
Usarase unha estética pop en situacións contemporáneas, ficcións con actores e tódalas tipoloxías fisiolóxicas para acercarnos á realidade actual.
Se queres participar no proxecto simplemente escríbeme un email: eu@xoserivera.com
