Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos mensuales: noviembre 2011

Anos 0

Todos identificamos a moda, a música, os momentos políticos, e as drogas das décadas dos 20, os 30, os 40, 50, 60…. pero existe unha idea común do significado da década de 1900 a 1910? No meu entorno e nos medios de comunicación non os vexo; ¿Pode ser entón que debido a que ninguén saiba como definir, condensar e nomear a esta década en unha palabra, en un conxunto, non se teña unha idea concreta, certeira e definida dela?

Resulta moi curioso este feito, pois analizando a década aconteceron cousas quizáis máis importantes que nas posteriores en todos os campos que antes mencionei: Naceron os momeventos vangardistas na arte, os Ismos; Henry Ford inventou a fabricación en cadea, produciuse a primeira Revolución Rusa, reinou eu Europa un clima convulso de loita de poderes que desencadenou nas duas Guerras Mundiais; ata naceron os Comics e as Harleys Davidson que dominan a estética e as pasións actuais!

Pero ninguén sabe como chamarlle! Anos 0? Anos 00? Un cura pensaría na infancia de Jesucristo, un historiador en calquera momento postrevolucionario… que pasaría se se xuntaran un cura, un historiador e un homosexual para falar dos “Anos 0”? Difícil solución ten este dilema…. ainda que supoño que o teremos que volver a plantexar agora que xa volveu a cerrarse outra década dos anos 0, virán outros anos 10 e 20 e os anterioes irán perdendo o nome; o que sempre conservarán será o que nos aportaron á sociedade, á cultura, á ciencia, aínda que non saibamos como chamarlle….