Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por categoria: Historias Fotográficas

Tartan Ribbon Primera Fotografía en Color

Tartan Ribbon

No século XIX algunhas fotografías coloreábanse a man, despois do positivado, era un traballo artístico e creativo, non de técnica fotográfica; na época do Daguerrotipo comezaron a colorarse os retratos e no Xapón coloreábase a maioría das copias á albúmina para a sua posterior venda de vistas de paisaxes e cidades.

Foi xa en 1861 o científico James Clerk Maxwell logrou a que está considerada a primeira fotografía en cor, simplemente xogando co RGB ( Vermello, Verde e Azul ): Realizou 3 fotografías sucesivas de unha cinta con 3 filtros diferentes, un vermello, un verde e un azul. A continuación proxectou as 3 imaxes sobre a mesma superficie

Boulevard du Temple, Paris 1839

A primeira Fotografía de retrato

Conrad Heyer ou John Adams

Sí, existe unha disputa intelectual sobre quen foi a primeira persoa fotografada.

Segundo a Maine Historical Society foi Conrad Heyer, un veterán da Guerra de Secesión Americana nado en 1749 e que foi retratado en 1852, sí con 103 anos!:

Conrad Heyer 1852

Conrad Heyer 1852

Por outra parte a Susquehanna County Historical Society posue unha copia de un zapateiro chamado John Adams nado en 1745 e que ainda que non dispoñen do orixinal, aseguran que a fotografía foi tomada entre 1839 e 1849.

John Adams 1839-1849

John Adams 1839-1849

Ambas fotografías tomáronse coa técnica do Daguerrotipo, Louis Daguerre foi socio de Niepce ata a morte de este, e despois continuo durante anos, sen coñecementos técnicos, facendo proba-erro ata que atopou un sistema propio en 1839. En ese mismo ano, entusiasmado polo seu logro, adicouse a tirar fotografías cal neno con cámara nova, con exposicións de 10 minutos, e entre elas está a fotografía «Boulevard du Temple, Paris» na cal podemos ver a unha persoa! Paciente, por suposto.

Boulevard du Temple, Paris 1839

Boulevard du Temple, Paris 1839

En realidade ese bulevar seguro que estaba ateigado de xente, pero o único que permaneceu estático durante eses dez minutos de exposición da fotografía foi o señor ao que lle estaban a limpar os zapatos, o certo é que resulta xenialmente paradóxico pasar a historia por Non facer nada ;)

Primera persona fotografiada 1839

Primera persona fotografiada 1839

Niepce Primera Fotografía 1826

A Primeira Fotografía da Historia

A importancia da fotografía na historia recente estriba en que nos achegou a outras realidades, outras perspectivas, dotounos de maior obxectividade e informounos de situacións que sen ela descoñeceríamos co cal nos dou unha maior sensibilidade; e ainda que en ocasións foi utilizada para contarnos mentiras convertiuse nunha ferramenta fundamental do periodismo, da arte, da narrativa, da documentación e da vida diaria.

Leer más