Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por categoria: Novas

Confusión

As certezas acostuman a estar máis sostidas polos nosos sentidos que pola nosa razón… a confusión prodúcese cando se cuestionan os sentidos.

Leer más

Deseñar un Logotipo

Deseñar un logotipo é un proceso apaixoante:  Consiste en buscar a esencia das cousas, en buscar a idea elemental que defina a unha tarefa, persoa, organización… e plasmala gráficamente da maneira máis bela.

Leer más

Fábrica de Curtidos de Ponte Pedriña de Arriba

Historia:

A transición do sistema de curtimento artesán, descentralizado no rural e baixo control gremial nas vilas, comeza na primeira metade do século XVIII cunha novidade organizativa consistente na concentración xa propiamente empresarial na que un particular erguía un edificio da súa propiedade, compraba as materias primas e as auxiliares, e contrataba en troques dun salario a un grupo de traballadores libres para que elaborasen as peles para as vender no mercado. Leer más

Finca do Espiño

Fotografías nocturnas da Finca do Espiño en Santiago de Compostela. Outro de tantos proxectos que se reviviu cun electrochoque para manter nun coma inducido con unha restauración perpetua e indefinida.

Leer más

A Lanzada

A Lanzada é unha das praias galegas máis coñecidas, situada entre Sanxenxo e O Grove posue máis de 2 kilómetros de lonxitude dominada paradoxicamente por unha romántica soidade nocturna…

Leer más

Catoira de Noite

Fotografía nocturna dos Barcos Vikingos e as Torres de Catoira; concello de Pontevedra da Comarca de Caldas onde se celebra o “desembarco vikingo”, que presencian millares de persoas dende as Torres e dende a ponte sobre a ría, que une as provincias de A Coruña e Pontevedra. Leer más

Barack Obama é un home branco

Barack Obama é branco

Hitler era xudeo Leer más

Fotografía nocturna na Cidade da Cultura

Serie de fotografía nocturna na Cidade da Cultura con David Pardo na madrugada do Xoves 24 de Maio.

Espero que as imaxes quedaran impregnadas e transmitan a atmósfera da mística e intemporal conversa entre as formas e o universo, un momento belo….

Leer más

Anos 0

Todos identificamos a moda, a música, os momentos políticos, e as drogas das décadas dos 20, os 30, os 40, 50, 60…. pero existe unha idea común do significado da década de 1900 a 1910? No meu entorno e nos medios de comunicación non os vexo; ¿Pode ser entón que debido a que ninguén saiba como definir, condensar e nomear a esta década en unha palabra, en un conxunto, non se teña unha idea concreta, certeira e definida dela?

Resulta moi curioso este feito, pois analizando a década aconteceron cousas quizáis máis importantes que nas posteriores en todos os campos que antes mencionei: Naceron os momeventos vangardistas na arte, os Ismos; Henry Ford inventou a fabricación en cadea, produciuse a primeira Revolución Rusa, reinou eu Europa un clima convulso de loita de poderes que desencadenou nas duas Guerras Mundiais; ata naceron os Comics e as Harleys Davidson que dominan a estética e as pasións actuais!

Pero ninguén sabe como chamarlle! Anos 0? Anos 00? Un cura pensaría na infancia de Jesucristo, un historiador en calquera momento postrevolucionario… que pasaría se se xuntaran un cura, un historiador e un homosexual para falar dos “Anos 0”? Difícil solución ten este dilema…. ainda que supoño que o teremos que volver a plantexar agora que xa volveu a cerrarse outra década dos anos 0, virán outros anos 10 e 20 e os anterioes irán perdendo o nome; o que sempre conservarán será o que nos aportaron á sociedade, á cultura, á ciencia, aínda que non saibamos como chamarlle….

The Falling Man

The Falling Man

Richard Drew atopábase en Nova York o 11 de Setembro de 2001 como fotógrafo de Associated Press, cando repentinamente 2 avións impactaron contra as Torres Xemelgas, Drew mudou os seus plans e aproximouse ao lugar a fotografar o suceso.

De tódalas imaxes que tomou, Drew escolleu The Falling Man; unha foto impactante e desconcertante dun home precipitándose ao vacío e acabando así coa sua vida. A imaxe xerou unha gran controversia nos Estados Unidos pois mostraba o máis crudo do atentado, xeraba un medo baseado nunha turbadora sinrazón que non podían controlar coas suas imaxes de bombeiros e civís traballando patrioticamente en paliar a desfeita.

Leer más