Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
FARO MUXIA Filtro ND

Fotografía de longas exposicións de día: Filtros ND

No artigo ‘Fotografía de Longas Exposicións de Noite‘ vimos que era necesario traballar con pouca luz para poder realizar fotografías con longas exposicións, pero como facemos iso de día!?

Podemos cerrar o diafragma dos nosos obxetivos ao máximo, poñer a sensibilidade mínima e aínda así en exteriores con luz día non conseguiremos realizar longas exposicións de xeito correcto.

Cal é a Solución!?

Filtros ND

Os filtros ND ( Densidade Neutra / Gris Neutro ) teñen como finalidade RESTAR LUZ; chámanse neutrales pois non afectan a calidade cromática das imaxes filtrando todas as cores por igual. O propósito dos filtros ND é darlle ao fotógrafo flexibilidade para mudar a apertura e o tempo de exposición permitíndolle unha maior versatilidade e libertade compositiva da fotografía.

Cokin ND gradual

Cokin ND gradual

Os Filtros ND Colócanse diante do obxectivo e poden ser de moi diversos tipos:

  • Filtros ND de Rosca ou Cadrados
  • Filtros ND Fixos ou Variables
  • Filtros ND Homoxéneos, Degradados ou Degradado Inversos

Filtros ND de Rosca vs Filtros ND Cadrados

Efecto Filtro ND

Filtro ND de Rosca

Filtro ND

Filtro ND

Os filtros de Rosca son un anel metálico que contén o filtro e se enrosca no obxectivo. Por outra parte están os filtros cadrados e rectangulares que son simplemente o filtro, poden ser de resina ou de cristal e teñen estas duas formas porque no caso dos rectangulares posúen diferentes grados de filtrado co que pódense ir desplazando para poder variar a luz que chega ao obxectivo. Filtros Cadrados e rectangulares amárranse ao obxectivo a través do portafiltros.

Sen lugar a dúbida os filtros Cadrados / Rectangulares para portafiltros son unha opción moito mellor que os de rosca, e iso é por varias razóns:

  • Os filtros de rosca serven só para un diámetro de obxectivo, practicamente teremos que mercar un filtro para cada obxectivo.
  • Resulta moito máis sinxelo combinar varios filtros ( como filtros de cores ) se usamos portafiltros con filtros cadrados ou rectangulares.
  • Á hora de realizar a fotografía resultan moito máis prácticos os filtros cadrados e/ou rectangulares, pois podemos encadrar e colocar os filtros dun xeito moito máis rápido e eficiente.
  • No caso de usar filtros degradados rectangulares podemos mover a intensidade do degradado arrastrando o filtro de arriba abaixo.

Filtros ND Fixos ou Variables

Filtro ND de Rosca Variable

Filtro ND de Rosca Variable

Nos filtros de Rosca hai densidade neutra variable, a través de un anillo regulador conseguen graduar diferentes intensidades de ND; isto dótaos de unha gran versatilidade para axustar a luz se queremos manter os niveis de apertura e sensibilidade.

Filtros ND Homoxéneos Vs Filtros ND Degradados e Degradados Inversos

Efecto Filtro ND Degradado

Efecto Filtro ND Degradado

Filtros ND, Degradados, Degradado Inversos

Filtros ND, Degradados, Degradado Inversos

Os filtros de Densidade Neutra ou Gris Neutro simplemente restan luz, de maneira homoxénea ao longo e ancho da sua superficie. Ademais dos ND temos os filtros degradados, que fan un filtrado da luz de xeito progresivo e teñen como fin axudarnos a facer unha exposición correcta en situacións onde o ceo está moi claro ou a terra moi oscura, ou simplemente onde hai un gran salto nos pasos de iluminación e nos queremos equilibralos. A transición do degradado pode ser máis suave ou máis brusca, ata chegar aos filtros degradados inversos, onde a transición e case de 0 a 100 co fin de usarse en postas e saídas de Sol. No caso dos filtros cadrados ou rectangulares é moi común o uso de varios filtros ao mesmo tempo, combinando un ND con un degradado ou un inverso para mellorar os resultados.

Como funcionan os Filtros ND!?

ND 4 8 16 32 64 128 256 512 1024
Pasos 2 3 4 5 6 7 8 9 10
% 50 25.0 12.5 6.3 3.1 1.6 0.8 0.4 0.2

Existen filtros ND de un a decenas de pasos, e incluso podemos combinalos. Denomínanse ND2, ND4, ND8… onde o número e a parte da unidade de luz que o filtro deixa pasar; deste xeito o Filtro ND4 deixa pasar un cuarto da luz ( dous pasos ).

Traballar con eles é moi sinxelo, o filtro ND sempre resta luz, se o colocamos para a nosa fotografía debemos recuperar esos pasos de luz a través do Número F, a Sensibilidade ou o que seguro máis nos interesa: O tempo de exposición. Se unha fotografía se vai a tomar a:

  • 1/60 de Segundo
  • ISO 100
  • F11

e a continuación colocamos un ND1024 ( 10 pasos ) podemos ter a mesma iluminación aumentando 10 pasos de exposición ( 1/60, 1/30, 1/15, 1/8, 1/4, 1/2, 1″, 2″, 4″, 8″, 15″ ):

  • 15 Segundos
  • ISO 100
  • F11

tamén podemos recuperar os pasos a través do aumento da sensibilidade ou por exemplo diminuíndo o número F ( porqué hipotéticamente nos interesa ter menos profuncidade de campo ):

  • 8 Segundos
  • ISO 100
  • F5.6

Sistema PortaFiltros Cokin

Sistema PortaFiltros Cokin

Sistema PortaFiltros Cokin

Tamaños Sistema Portafiltros Cokin Serie A P Z X

Tamaños Sistema Portafiltros Cokin Serie A P Z X

Este sistema é o máis coñecido e imitado, está deseñado para diferentes tamaños de filtros: 67 mm ( Cokin Serie A ), 84 mm ( Cokin Serie P ), 100 mm ( Cokin Serie Z ), e 130 mm ( Cokin Serie X ).

Sistema PortaFiltros Lee

Lee Filter System

Lee Filter System

O sistema Lee está deseñado para filtros de 100 mm, e en esencia é moi parecido ao Cokin.

Sistema PortaFiltros Lucroit

Sistema PortaFiltros Lucroit

Sistema PortaFiltros Lucroit

O sistema de portafiltros Lucroit é sen dúbida o mellor, e está creado por unha empresa española! a través da experiencia e frustracións dos fotógrafos con outros sistemas.

Conseguen un aillamento total da conexión entre o portafiltros é o obxectivo de xeito que non entra ningún tipo de luz que contamine o resultado.

FILTROS

Particularmente probei os Chinos, os Hitech e os Haida. Descartade ( de momento ) as imitacións chinas, merquei varios, tanto rectangulares como de rosca e ningún da un resultado fiel senon que mediocre da luz e a cor, o peor de todo e que as imaxes finais teñen unha iluminación totalmente heteroxénea por zonas.

Os Hitech están feitos de unha resina, son menos fráxiles e ainda que dan unha maior dominante violeta ( fácilmente correxible con Photoshop ) conseguen unha gran definición da imaxe.

Os Haida son de cristal, hai que ter coidado con eles, apenas aportan dominante e dan conseguen moi bos resultados.

This post is also available in: Spanish

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*