Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por etiqueta: kevin Carter

Kevin Carter Kong Nyong

Kong Nyong e o voitre

A imaxe da polémica, a imaxe que fixo discutir ao mundo sobre si Kevin Carter era un desalmado, a discusión que fixo darse conta ao mundo de que era un desalmado.

Ata esta fotografía a crise de refuxiados de Sudán, provocada por un golpe de estado, pasara desapercibida nos medios occidentais e as axudas eran moi cativas, Kevin Carter viu o famélico neno mentras un voitre o asexaba, incluso esperou a que o voitre abrira as as para que a imaxe e o asedio resultase máis espectacular, pero non sucedeu.

A imaxe definitiva crucificou a Carter, gañou o Pulitzer, e todos os medios se cebaron sobre a actitude de Carter, sobre a sua motivación, deixou ao neno desprotexido a mercede do voitre por unha fotografía mellor ou por chegar a unha sociedade anestesiada co consumismo, o fútbol e a silicona.

O certo é que o voitre non esperaba a morte do neno, senón as suas heces, por ese motivo se alonxara da tribu; como se pode ver na sua man dereita Kong leva unha pulseira de plástico da estación de comida da ONU. Outros fotógrafos que estaban no campo de refuxiados tomaron a mesma fotografía, pero a publicada foi a de Carter. A sua mente perturbada polas suas adicións non resistiu a presión e un ano despois de realizar esta fotografía tapou o tubo de escape do seu coche, acendeuno e deixou esta nota no asento do copiloto:

“Estou deprimido […] sen teléfono […] cartos para o aluguer […] cartos para o mantemento dos fillos […] cartos para as débedas […] ¡¡¡cartos!!! […] Estou atormentado polos recordos vívidos dos asasinatos e os cadáveres e a ira e a dor […] do morrer de fame ou os nenos feridos, dos loucos do gatillo fácil, a miudo da policía, dos asasinos verdugos […] Fun a unirme con Ken, se teño sorte.”

KC
O neno chamábase Kong Nyong, e Sí, sobreviviu.

Kong Nyong

Kong Nyong