Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS

Entrevista a José Caruncho

José Caruncho ( A Coruña, 1953 )

No mundo moderno cheo de cámaras dixitais, de móbiles con ducias de megapixeles e datos que zoan dun lado ao outro sen parar, atopámonos co sosegado, delicado e meticuloso traballo de José Caruncho, que nos envolve nunha atmosfera de calma propia doutro tempo cunha elegancia misteriosa pero nosa, para mostrarnos a beleza do que nos rodea.

Caruncho deixou xa fai máis de unha década o mundo da banca no que traballaba para adicarse en plenitude a súa paixón, a fotografía, e crear un arquivo en formato analóxico de paisaxes, persoas, natureza e costumes galegas.

Xosé : ¿ Por que en analóxico, por que con cámaras de placas ?
José Caruncho: A aprendizaxe da técnica fotográfica, como a de calquera otra arte, require uns cantos anos; entre sete e dez. Eses anos son moi importantes e vannos formando como fotógrafos ou músicos ou pintores.
Tiven a sorte de que ó principio caeron nas miñas mans un par de Rolleifles de 6×6 cm e máis tarde vendo exposicións e lendo libros sobre fotografía atopei información que me levou á compra dunha cámara de gran formato. Este tipo de cámara non era moi usual empregadas fora do estudio, polo menos aquí, pero fíxenme tan rápido co seu manexo que pronto entendín que era o tipo de aparatos que mellor se adapta a miña filosofía de vida e o meu xeito de facer fotografías.
Xosé: ¿ Cre vostede que cada técnica expresiva retrata realidades distintas?
José Caruncho: Non creo nunha sola técnica para expresarse en fotografía nin en nada. Se todos fixeramos as cousas igual, sería moi aburrido. Creo que cada un ten que aprender o suficiente do medio que manexa para poder expresarse; e poderasme dicir: canto é o suficiente? A resposta é que os límites poñémolos nós. É como unha escaleira infinita, subimos chanzos e cando conseguimos o que queremos podemos subir outro chanzo máis para facelo mellor. Sempre penso que a copia boa de calquera dos meus negativos está por chegar. Por exemplo, os fotógrafos que quería facer cor fai trinta anos dunha forma creativa tíñano bastante complicado, porque as técnicas eran bastante complexas e dependías dos laboratorios profesionais, simplificando moito, por eso a maioría dos fot´gfrafos traballan en cor. O que realmente permite a fotografía dixital é un control rápido e eficaz das cores e de moitas cousas máis, por suposto: exposición, contrastes, luminosidades, etc.
Xosé: Os seus retratos costumbristas lémbrannos a obras de pintores clásicos como Goya ou Velazquez nas suas primeiras etapas ¿ Que pretende transmitir vostede coa serie “Olladas dosilencio” que o motiva?
José Caruncho: os meus retratos non están relacionados co retrato ´creativo´; explícome: nunca emprego a un ser humán como un obxecto ne con actitudes provocativas. Sempre que fotografío a persoas tento facerlles ver que o retrato que estou facendo non so é importante para min, senon tamén para eles; por iso, case sempre, adoptan ante a cámara unha actitude de dignidade e humanidade. Sei que falar de humanidade hoxe en día é algo que non se leva, pero a min dame igual. Penso que as persoas e máis en concreto as persoas anónimas, transmiten algo difícil de explicar, moito máis alá da propia fotografía, a técnica ou o que sexa.
Xosé: ¿Como logra que os seus retratados se sintan cómodos e naturais diante dunha cámara de placas? ¿Que pensa a xente cando o ve vagar con unha cámara así?
José Caruncho: Ben, a miña técnica é sinxela. Cargo no coche os materiais que creo que vou necesitar e deambulo polos sitios que quero fotografiar, buscando persoas e motivos relacionados con elas. Xeralmente comezo unha conversa relacionado coa súa vida, por exemplo o campo, e máis tarde, se esa persoa me parece interesante, suxírolle a posibilidade de facerlle unha fotografía. Cando monto no trípode na cámara de gran formato (sobre todo 13×18 cm) e me tapo co pano negro para enfocar, a postura que adoptan é esa da que antes falaba. A partir de aí hanse xuntar nunha décima de segundo o aprendizaxe dos anos de traballo e, por suposto, da sorte.
Xosé: Pondal quixo enrriquer a nosa autoestima con mitos sobre a nosa cultura; ¿Cre que retratar a beleza da nosa cotianidade axuda a autovalorarnos como como cultura e sociedade?
José Caruncho: Creo que cada un ten que retratar a súa propia beleza, ó non ser esta universal. Se traballamos con honestidade esa beleza aflora nos motivos e faite máis persoa. Ser creativo non é o mesmo que ser honesto; aínda que creo que a unión das dúas cousas é o que fai ós grandes artistas tamén grandes persoas.
Xosé: ¿ Como patrocina, executa e ordena proxectos tan coidados que nalgúns casos lle leva varios lustros finalizar ?
José Caruncho: Ben…o patrocinio é do meu peto, que xa está furado. Basicamente tento compaxinar os meus traballos profesionais de encargo coa fotografía máis persoal e creativa. Ás veces incluso consigo vender algúns dos meus traballos de autor como prefesionais, o que é un gran logro. Por outra banda, nunca me plantexo un final para os meus traballos; aínda que os expoña ou os publique sempre me queda ganas de seguir facendo fotografías. Se realmente cremos que o que facemos é moi bo…parariamos, e ese non e o meu caso.
Xosé: ¿ Axudan as institucións a sufragar os gastos de artistas recoñecidos como vostede en obras de caracter popular ?
José Caruncho: Sempre estamos en débeda coa Administración para desenrolar os nosos traballos, pero tamén deberían existir (como en Estados Unidos, por exemplo), coleccións privadas que valoren os traballos ben feitos e compren fotografías, pintura, escultura, ou o que sexa, porque entenden do tema, e non porque pensen en que fan unha inversión…Respecto ó apoio público, quero recordar que a miña colección ´Olladas do silencio´ expúxose en A Casa da Parra, de Santiago, e que a Consellería de Cultura axudoume na montaxe e positivado das fotografías e do catálogo.
Xosé: ¿Onde e de que maneira se valora máis o seu traballo?
José Caruncho: Debo recoñecer que son un desastre para facer valorar a miña fotografía. Fixen unhas cantas exposicións no transcurso de máis de trinta e cinco anos como fotógrafo; pero, curiosamente, a miña obra, aínda que estea tan relacionada co lugar onde vivo, que é Galicia, non obten aquí un eco suficiente. Quizais sexa a extrema sinxeleza dos motivos ou o uso de branco e negro, pero para min, Galicia é en branco e negro. Ademais, algúns din que son fotos moi “americanas”. Quizais se refiran ó uso de cámara de gran formato, coas que se consegue un resultado final de maior calidade. O caso é que en Estados Unidos si se valora o meu traballo…En 2007 expuxen na galería Verve de Santa Fe, en New Mexico, unha selección de “Olladas do silencio”, e aquelas paisaxes e personaxes do Caurel tiveron boas críticas e vendéronse moi ben alí, cousa que fala da universalidade local…Incluso a colección Ransom, da Universidade de Texa y Austin, adquiriu un xogo completo da miña colección “Homenaxes”, unha serie de 21 fotografías nas que homenaxeaba a algúns dos grandes fotógrafos do século XX.
Xosé: ¿Próximos proxectos ?
José Caruncho: Con esta crise que tanto nos está afectando ós que nos dedicamos a isto, é difícil pensar en proxectos de autor. Nestes momentos gustaríame promocionar a fotógrafos galegos do século pasado, que teñen excelentes traballos e nunca foron publicados.

 

Xosé Rivera (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*