Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am a fool creative, between genius and vulgarity, complicated but neccessary balance; either of them would become me fooler.

If you want to hire my services or buy one of my works, complete this form and I answer you as soon as possible.

Currículo Xosé Rivera

Por favor, corrige el formulario

requerido *

Proxectos

Vida

Señora-sigueiro

O obxectivo desta obra é o de retratar dunha maneira cercana e respetuosa as vidas e as costumes
dos anciáns que forman e compoñen a nosa cultura para que non se esvaezan ca erosión do olvido
e exprimir os momentos codiáns de unha cultura en extinción; a cultura das nosas tradicións labregas,
pesqueiras, gandeiras e de estilo de vida reflexadas nos rostros cheos de experiencia e vida dos
nosos maiores.
Para acadar este fin percorreremos os recunchos de Galicia na procura desas persoas e momentos;
mediante a convivencia e a experiencia propia de anos facendo este traballo lograremos un arquivo
fotográfico-artístico das vidas que nos trouxeron a nosa vida actual, do modo de vida dos nosos
maiores e deles mesmos.
O proxecto esta inspirado nas obras de grandes fotógrafos nacionais como José Caruncho, Virxilio
Vieitez, Carlos Valcárcel, Raniero Fdez., Pedro Ferrer, o catalán Pelai Mas, o Arxentino Humberto
Rivas, a americana Ruth Matilda Anderson que retrataron a alma de Galicia dende o comezo da arte
fotográfica e de outros precursores internacionais como Paul Strand, Diane Arbus, Cartier-Bresson
etc que conseguiron ca fotografía social mostrar cun rostro o sentir e a vida de un pobo e dun
momento, pois non hai nada máis expresivo para unha persoa que o rostro e a mirada de outra.

VER A MEMORIA DO PROXECTO VIDA

Espidos

la-maja-vestida-la-maja-desnuda

O obxectivo do proxecto é o de crear unha colección de fotografías de espidos en situacións cotiáns, de relacións sociais e actividades individuais que sorprendan ao observador coa nova visión dunha realidade oculta; así mesmo desgastar o tabú do medo ao noso propio corpo.

O tratamento do tema será dignificante para as personaxes e buscaremos a beleza na naturalidade.

Usarase unha estética pop en situacións contemporáneas, ficcións con actores e tódalas tipoloxías fisiolóxicas para acercarnos á realidade actual.

Se queres participar no proxecto simplemente escríbeme un email:eu@xoserivera.com

VER A MEMORIA DO PROXECTO.

This post is also available in: English, Spanish