Reflexións
Decisións Vitais
De cando en vez, un pensa como sería a súa vida se tomara outras decisións sen caer na consciencia de que xa non sería a súa vida…
Amor vs Desexo
O que máis queres nunca é o que máis desexas.
Fracaso vs Victoria
Sempre fracasei por non saber adaptarme, esa é a miña gran victoria.
Egocentrismo
Un egocéntrico non debería ter fillos, é moi frustrante descubrir que o centro da vida de un non é un mesmo.
Fases Vitais
A vida de unha persoa íntegra está composta por 4 fases: Nacer; Formarse; Devolvelo a Sociedade; E se todo isto se fixo axeitadamente: Ser Inmortal.
Insatisfacción
A insatisfacción e a única forma de pensamento.
Medo
O medo é un sentimento xoven, vinculado a inxenuidade; o ancián non ten medo, só nostalxia do que amou ou apego ao que ama.
Vida
A vida é a domesticación da alma: Nacemos libres, salvaxes pero pouco a pouco a persistencia da controversia fainos desfalecer ata morrer mansos e resignados. Só hai dous momentos de gracia: A pureza do bebé e a revolución da adolescencia.
Filosofía
Ter unha filosofía de vida significa: Intentar rememorar o vivido no canto de vivir.
Maldade
Aspiraba a ser o malo malirmo…. pero ata para iso son malo.
Masas
Necitamos… un lider, unha filosofía, algo ou alguén que nos indique o camiño e nos libre das nosas responsabilidades
así de sinxela é a vida dos cobardes, dos relixiosos, dos seguidores de políticos, futbolistas, grupos musicáis, das leedoras de revistas de corazón… estar loco require moitos sacrificios.
Pasado
Amo o meu pasado, é o único que teño;o meu futuro e o único que me falta…
Razón
O tempo sempre lle da a razón as persoas que a teñen, porque senón non se chamaría tempo, senón contratempo.
Comunicación
Os cultivados nas ensinanzas institucionalizadas cren que os que non o son non os entenderán; e non se dan de conta de que son eles mesmos, inxenuos, quenes non dominan a linguaxe.
Amor
Enamoreime demasiadas veces como para crer no amor.
