Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por etiqueta: galiza

Mariano Rajoy Nacionalista Gallego

Mariano Rajoy Nacionalista

Mariano Rajoy tras moitos anos ocultándose nos estereotipos e doctrinas do Partido Popular ata chegar ao poder,  descúbrese e desvela o seu verdadeiro sentimento Nacionalisa Galego.

Todo foi unha artimaña perfetamente deseñada e executada polos cerebros do independentismo de Galiza co fin de infiltrar no poder a unha topia coa que controlar o Goberno Español e dende alí guiar e dirixir o proceso separatista.

O pobo creu sen dubidar nas palabras e promesas coas que Rajoy gañou as eleccións, nembargantes estas só foron as ferramentas para conseguir o éxito e o control dos mesmos cidadáns que confiaron no engano. En breves días convocarase unha gran rolda de prensa para anunciar a separación da Nación de Galiza así como o País Vasco e Cataluña, as cales inmediatamente convocarán elecións ao seu propio e novo Goberno Central.