Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Muerte de un Miliciano - Robert Capa 1936

Robert Capa, o Miliciano Español e as 11 fotografías lixeiramente desenfocadas.

Robert Capa, Endre Ernő Friedmann en realidade ( Budapest 22 de Outubro do 1913 ) era un xudeo húngaro que decidiu fuxir do fascismo incipiente a primeiros da décado dos 30 en europa do Este e refuxiarse en París, alí coñeceu a Gerda Taro, Gerta Pohorylle en realidade, e xuntos crearon ao personaxe «Robert Capa» alentados polas poucas esperanzas de vender fotografías sendo unha muller ou un xudeo.

Gerda faleceu en Madrid no 1937, avanzada a Guerra Civil Española, ela estaba a tomar unha fotografía e non percibiu un tanque que daba marcha atrás na voráxine do replege das tropas republicanas en Madrid pola chegada do exercito franquista, e partir de ese momento o pseudónimo Robert Capa asóciase só a Endre.

En España foi onde tomou unha das suas fotografías máis controvertidas e recoñecidas: «Morte de un miliciano» tomado o 5 de setembro de 1936 en Espejo ( Córdoba ). Durante anos cuestionouse a veracidade da imaxe por varios motivos; a día de hoxe parece bastante probable que a imaxe sexa real pois os rexistros atestiguan que o miliciano fotografado, Federico Borrell «Taíno», faleceu ese día en esa localidade; pero tamén se cuestiona se a fotografía é de Endre ou de Gerda. En calquer caso Capa contou que se atopaba nunha trincheira presenciando o asalto dos milicianos a unha ametralladora franquista, e no cuarto destos asaltos alzou o brazo e disparou ao chou a sua Rolleiflex ( non a habitual Leica I ) e captou por fortuna para él e moi mala para o miliciano «Taíno» o intre exacto da sua morte, a imaxe convertiuse no símbolo máis recoñecido da Guerra Civil Española e da Guerra en xeral.

Muerte de un Miliciano - Robert Capa 1936

Muerte de un Miliciano – Robert Capa 1936

Uns cantos anos e moitas batallas despois, Robert Capa volveu a ter «sorte» e desembarcou o Día D, 6 de Xuño de 1944, co exército aliado na praia de Omaha, en Normandía. A sua controvertida fortuna foi que Omaha foi a praia na que os alemáns presentaron a resistencia máis dura e encarnizada de toda a operación «Overlord» na que desembarcaron 156.000 soldados americanos, ingleses e canadenses, que tamén mobilizou a 5.000 buques e 7.000 avións con 23.000 paracaidistas, converténdose na maior maniobra militar da historia.

Nun dos vehículos anfibios e no medio dos soldados con fusiles de asalto, estaba Capa con 3 cámaras colgadas do pescozo e só seguro de unha cousa: as 6 e media da mañá, hora do desembarco, tería luz suficiente para realizar as fotografías.

Durante 90 minutos e no medio de disparos, bombas, gritos, vísceras, cadáveres e defensas anticarro Capa realizou 106 fotografías dun dos feitos máis importantes da historia da humanidade.

Ao día seguinte na revista Life, en Londres, non sabían nada de él ata que pola tarde un motociclista entrou a toda presa con uns carretes na oficina do redactor xefe. Inmediatamente mandáronos ao laboratorio coa mala fortuna de que as presas e a tensión do operario encargado de revelalos fixo que aplicara demasiado calor para secar os negativos e queimounos case por completo, só se salvaron 11 fotografías menos afectadas. Ao día seguinte LIFE publicou 8 de elas co seguinte pe de foto «Desculpen pero as fotografías están lixeiramente desenfocadas porque a mans o noso fotógrafo Robert Capa tremeran violentamente.»

Anos despois Capa escribiu a suas memorias e titulounas «Lixeiramente desenfocado» ( «Slightly out of focus» )

Robert Capa Soldado americano Edward K. Regan desembarcando en la playa de omaha en normandia 6 de Junio 1944 Dia D

Robert Capa Soldado americano Edward K. Regan desembarcando en la playa de omaha en normandia 6 de Junio 1944 Dia D

Robert Capa Desembarco de Normandía Día D 6 de Junio de 1944 Ligeramente desenfocado

Tras o Día D, Robert Capa estivo oficialmente morto durante 48 hora despois de que un sarxento asegurara ver flotar o seu cadáver na praia, ao enterarse, o exército enviou unha nota necrolóxica alabando a sua labor como fotoreporteiro de guerra e mentras eso sucedía Capa seguía en Omaha facendo fotografías.

Por suposto tamén se segue debatindo e especulando sobre se as fotografías están realmente desenfocadas polo erro do químico ou de Capa, e se existían as 106 fotografías que Capa sosten nas suas memorias ou só as 11 que se salvaron, o certo é que todo o que rodea ao mito de Capa está en debate, pero o seu legado é innegable.

Cita de Capa en «Lixeiramente desenfocado»:

«Si en este punto de la historia mi hijo me interrumpiera para preguntar -¿Cuál es la diferencia entre un corresponsal de guerra y cualquier otra persona de uniforme?- tendría que responder que el corresponsal de guerra bebe más, liga más, gana más y tiene más libertad que un soldado, pero que a esas alturas de la guerra, tener la libertad de elegir dónde estar en cada momento y tener la posibilidad de ser considerado un cobarde sin ser ejecutado por ello, constituían para él una tortura. El corresponsal de guerra tiene en sus manos su mayor apuesta: su vida, y puede elegir el caballo al que apostarla, o puede guardársela en el bolsillo en el último segundo. Yo soy un jugador. Decidí acompañar a la Compañía E en la primera oleada.»

Capa fundou en 1947 a axencia fotográfica Magnum Photos xunto con Henry Cartier-Bresson, David Seymour, George Rodger e Bill Vandivert. Dez anos despois do DÍA D pisou unha mina en Indochina ( o actual Vietnam ) e faleceu.

This post is also available in: Spanish

Xosé (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*