Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Blog Foto & Vídeo

Filtrar por
RSS
Kathrine Switzer Maratón de Boston

A carreira pola igualdade de Kathrine Switzer

“Ningunha muller pode correr unha maratón” só bastou esa frase de Arnie Briggs, o  seu adestrador, para que Kathrine Switzer tentara correr a Maratón de Boston de 1967, e con iso tirara abaixo fronteiras sociais e prexuizos sexistas.

Arnie era en realidade o carteiro da universidade, pero con 15 maratóns de Boston ás súas costas tiña suficiente experiencia para ser considerado adestrador. Saían todas as noites a correr unhas 10 millas e Arnie sempre contaba as súas películas sobre a maratón ata que unha noite, segundo conta a propia Kathrine en “Marathon Woman” replicoulle:

-Deixemos de falar da maratón de Boston e fagámola!

-Ningunha muller pode correr a maratón de Boston, replicou Arnie

Arnie explotou cando lle dixen que Roberta Gibb a rematara o ano anterior, Pero ningún rexistro o acreditaba, Roberta fixérao sen dorsal.

-Se corres esa distancia nun adestramento, eu serei o primeiro en levarte a Boston.

Sorrín e díxenme a min mesma: Conseguino, teño un adestrador, un compañeiro de adestramento e unha meta:  A carreira máis importante do mundo.

Roberta Gibb entrando en meta sen o dorsal

Roberta Gibb entrando en meta sen o dorsal en 1966

Kathrine estaba habituada a correr distancias medias, pero isto eran 42 quilómetros e só 3 semanas de preparación co apoio de Arnie e o seu noivo Tom Miller. Os 3 eran conscientes de que a carreira de obstáculos xa comezara dende o momento en que decidiron tomar parte, de xeito que empezaron por ler o libro de normas da competición e Bingo! non dicía nada sobre as mulleres; cando o redactaron a ninguén se lle ocorrera tamaña loucura; aínda así decidiron inscribirse como K.V. Switzer.

Cando Chegou o día da carreira, Kathrine conta que estaba realmente nerviosa, coa incertidume de se lle deixarían participar ou non. Vestiuse cunha sudadeira e uns pantalóns longos e no momento da asignación de dorsais tiña medo de ser expulsada. “Estendín a suadeira para que puxera o dorsal, sen mirar ao xuíz. Notei como poñía a man sobre o meu ombreiro e me daba paso cara diante, berrando ‘vamos atletas, móvanse, continuen pasando!’ ”

E arrancou a Carreira! Pasaban os quilómetros a bo ritmo e todo ía ben ate que…. “Repentinamente escoitei uns zapatos apresurados detrás de min. Xireime e vin a cara máis enfadada da miña vida. Era Jock Semple, o director da Maratón de Boston berrando “FORA DA MIÑA PUTA CARREIRA!” mentres me agarraba e me empurraba, Arnie saltou a defenderme e díxolle que me deixara correr, Jock seguía insistindo ata que apareceu Tom e realizoulle unha placaxe e tirouno ao chan. ‘Corre como nunca’ díxome, e os tres puxémonos a correr como nenos que foxen dunha casa enmeigada”

Armouse un gran barullo, “Por momentos, desexaba non estar aí, non haber participado. Pero tiña que rematar. Sabía que se abandonaba, a xente pensaría que unha muller non podía correr unha maratón. Sería un paso atrás para o deporte feminino. Que Jock Semple e todos os demais tiñan razón, por que ao principio pensei que era simplemente un home fora de si, pero era máis ca iso, era un home da súa época”.

Así que Kathrine continuou coa enerxía de esta motivación e rematou a carreira, catro horas e vinte minutos, foi o que tardou a primeira muller en percorrer os 42 quilómetros e 195 metros oficialmente da historia, un tempo non demasiado bo para unha carreira, como demostraría ela mesma no futuro, pero un gran avance no tempo social.

A fotografía pasou a historia e foi considerada por Time unha das “100 Fotografías que cambiaron o mundo

Kathrine fixo campaña con ela, apelando a que as mulleres puideran participar de forma oficial na maratón de Boston de 1972. E finalmente conseguiuno, converténdose na primeira carreira en ruta na que participaron mulleres, de xeito oficial.

Switzer correu 39 maratóns máis, vencendo na Maratón de Nova York de 1974 e conseguindo o seu mellor rexistro persoal en 1975, tras rematar segunda en Boston, cunha marca de 2h:51:33.

Kathrine Switzer Maratón de Boston 2017

Kathrine Switzer Maratón de Boston 2017

En canto a autora ou autor da fotografía, non se sabe con certeza quen foi o que tomou a instantánea exacta xa que moi fotógrafos estaban presentes para cubrir o evento. A fotografía atópase nos arquivos de Getty, Hai tomas da mesma secuencia realizadas por Walter Iooss Jr. de “Sports Illustrated” ou Paul J. Connell para o “Boston Globe”.

Si se sabe que só un dos fotógrafos  baixou, nese intre, do camión con forma de tribuna que circulaba polo percorrido: Harry Trask que gañara o Pulitzer no 57 pola imaxe do afundimento de Andrea Doria, que debuxa un tríptico de toda a secuencia para o Boston Herald:

Harry Trask Boston Herald

Harry Trask Boston Herald

This post is also available in: Spanish

Xosé (http://www.xoserivera.com)
Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Añade un comentario

Por favor, corrige el formulario

requerido*