Xosé Rivera

Son un creativo medio gilipollas a cabalo entre a xenialidade e a vulgaridade; difícil pero necesario equilibrio, calquera dos dous extremos me volvería máis gilipollas.

Se queres contratar os meus servizos ou adquirir algunha das miñas obras completa este formulario e respondereiche de seguido.

---------------------------------------------------------------

I am an image and sound professional; I have 11 years of experience as a freelancer creating audiovisual projects to give solutions to companies and institutions in video and photography.

In parallel, I develop creative projects that I exhivit in galleries and museums.

Currículum Xosé Rivera

Archivos por categoria: Historias Fotográficas

El beso del Hôtel de Ville 1950

O Bico do Hotel de Ville

É unha putada que estale unha burbulla de máxica perfección natural, pero o que ate 1992 foi unha idílica e espontánea fotografía de Robert Disneau coa sua Rolleiflex mentras se atopaba sentado tomando un café fronte ao Hotel de Ville en París no 50; e que posteriormente se converteu na imaxe máis vendida da historia superando as 450.000 copias, resultou ser unha montaxe con dous actores :(

Todo saltou a luz cando en 1992 dous impostores aseguraron ser os protagonistas da fotografía, entón Disneau revelou a historia orixinal e confesou que se trataba de unha toma preparada, para a cal contratara a dous actores e como forma de pago entregoulles unha copia.

Françoise Bornet ( a muller do bico ) aceptou esta rácana forma de pagamento, esperou 55 anos e no 2005 sacouna a subasta, vendeuna por 200.000 dolares.

El Beso de Times Square

O bico de Times Square

O día que rematou a Segunda Guerra Mundial, os cidadáns de Nova York tomaron a praza de Times Square en Manhattan. En ese clima de algarabía e frenesí un aposto ou aproveitado xoven mariñeiro adicábase a bicar a tódalas mulleres que topaba no seu camiño, mozas xóvenes e vellas por igual, o home estaba desatado cal borracho nunha barra libre. O fotógrafo Xermano-Americano Alfred Eisenstaedt que cubría o evento para a revista Life presenciaba estas e outras espontáneas mostras de embriagante afecto entre os xóvenes liberados de un futuro tenebroso e sinistro cando este extravangante Don Xoan fíxose cos beizos dunha enfermeira e Eisenstaedt captou ese preciso intre, enfatizado pola contraste entre o negro e branco dos seus uniformes, que resalzaba a forza da imaxe e representaba a liberación de unha xeración. Paradóxicamente un bico entre dous descoñecidos converteuse nun dos máis coñecidos da humanidade.

Leer más

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Original

Un dos primeiros Photoshop da Historia: Bandeira da URSS sobre o Reichstag

Manipulacións Fotográficas Históricas

En moitas ocasións a fotografía utilizouse para xustificar accións políticas, rememoralas e reescribir a historia, como sempre: coa versións dos vencedores.

Dous dos exemplos máis icónicos son a toma do Reichstag polos soldados soviéticos e o izado da bandeira americana sobre o monte Suribachi en Iwo jima.

Un dos primeiros Photoshop da Historia: Bandeira da URSS sobre o Reichstag

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Manipulada

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Manipulada

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Original

Alzando una bandera sobre el Reichstag, de Yevgueni Jaldéi Original

Varios días despois da caída de Berlín na Segunda Guerra Mundial, o fotógrafo Yevgueni Chaldej, que traballaba para a Axencia de Prensa Soviética TASS, fixo confeccionar unha gran bandeira coa oz e o martelo e a continuación subir a dous soldados soviéticos ao máis alto das ruínas do Reichstag ( o parlamento alemán ) co fin de crear unha imaxe icónica da victoria dos sovietos sobre os alemáns e de paso deixar claro quen foi o primeiro en chegar, liberar Berlín e acabar cos Nazis.

O feito de subir tan arriba para realizar a fotografía, fixo necesario que un segundo soldado suxeitara ao portador da bandeira. E é aquí onde Chaldej tivo que por en funcionamento as suas dotes de manipulador, pois na fotografía orixinal pódese observar como o soldado de apoio porta dous reloxos; resulta máis probable que o home os roubase como botín dos vencedores que que estivese interesado na hora de berlín e siberia ao mesmo tempo. Este sutil matiz da imaxe tiña pouco carácter heróico e Chaldej decidiu borrar un dos reloxos e  xa de paso engadir un pouco de fume para darlle máis dramatismo á imaxe, xa que os combates xa cesaran.

A maniobra propagandística estaba máis orientada a arengar aos propios rusos xa que a Nai Patria foi a nación con máis baixas da guerra, con uns escalofriantes 20 millóns de mortos. Os supervivintes podían aferrarse a unha imaxe para darlle senso a tanta dor e tantas mortes.

Joe Rosenthal Banderas de nuestros padres Iwo Jima Suribachi

Bandeiras dos nosos pais.

Joe Rosenthal gañou o Premio Pulitzer coa imaxe dos seis Marines izando a bandeira de EEUU no cumio do monte Suribachi en Iwo Jima e esta converteuse nun dos símbolos máis patrios da cultura americana, reflexando a unión e o esforzo cara un mesmo obxectivo.

Iwo Jima era un pequeno deserto de azufre no medio do pacífico que non posuia ningún recurso, sen embargo era un punto estratéxico para continuar coa conquista sobre o resto de illas do Imperio Nipón, xa que tiña un pequeno aeródromo; por este motivo converteuse nunha das batallas máis sanguinarias do pacífico, na cal morreron 24.500 americanos e 21.000 xaponeses ( todos os que alí había, capturáronse 216 prisioneiros que en realidade eran traballadores coreanos ).

A fotografía de Rosenthal representaba o triunfo dos americanos e a fe incorruptible na victoria final a través da unión, todo sería ideal se na realidade non se tratara de unha interpretación:

Rosenthal fixo posar aos soldados ergendo a bandeira cando os combates xa finalizaran.

la-madre-migrante-migrant-mother-by-dorothea-lange-1936

A Nai Migrante

A fotografía de Florence Owes Thompson cos seus dous fillos foi a imaxe da crudeza inhumana da Gran Depresión Americana. A instantánea foi tomada por Dorothea Lange no inverno de 1936, móstranos como a xoven nai se pregunta con mirada perdida e derrotada, que será de eles, mentras os fillos, carentes da enerxía e vitalidade infantil, inténtanse cobixar no seu colo.

En 1960 Dorothea Lange dixo: “Vi y me acerqué a la famélica y desesperada madre como atraída por un imán. No recuerdo cómo expliqué mi presencia o mi cámara a ella, pero recuerdo que ella no me hizo preguntas. No le pedí su nombre o su historia. Ella me dijo su edad, que tenía 32 años. Me dijo que habían vivido de vegetales fríos de los alrededores y pájaros que los niños mataban. Acababa de vender las llantas de su coche para comprar alimentos. Ahí estaba sentada reposando en la tienda con sus niños abrazados a ella y parecía saber que mi fotografía podría ayudarla y entonces me ayudó. Había una cierta equidad en esto”.

Muerte de un Miliciano - Robert Capa 1936

Robert Capa, o Miliciano Español e as 11 fotografías lixeiramente desenfocadas.

Robert Capa, Endre Ernő Friedmann en realidade ( Budapest 22 de Outubro do 1913 ) era un xudeo húngaro que decidiu fuxir do fascismo incipiente a primeiros da décado dos 30 en europa do Este e refuxiarse en París, alí coñeceu a Gerda Taro, Gerta Pohorylle en realidade, e xuntos crearon ao personaxe “Robert Capa” alentados polas poucas esperanzas de vender fotografías sendo unha muller ou un xudeo.

Gerda faleceu en Madrid no 1937, avanzada a Guerra Civil Española, ela estaba a tomar unha fotografía e non percibiu un tanque que daba marcha atrás na voráxine do replege das tropas republicanas en Madrid pola chegada do exercito franquista, e partir de ese momento o pseudónimo Robert Capa asóciase só a Endre.

En España foi onde tomou unha das suas fotografías máis controvertidas e recoñecidas: “Morte de un miliciano” tomado o 5 de setembro de 1936 en Espejo ( Córdoba ). Durante anos cuestionouse a veracidade da imaxe por varios motivos; a día de hoxe parece bastante probable que a imaxe sexa real pois os rexistros atestiguan que o miliciano fotografado, Federico Borrell «Taíno», faleceu ese día en esa localidade; pero tamén se cuestiona se a fotografía é de Endre ou de Gerda. En calquer caso Capa contou que se atopaba nunha trincheira presenciando o asalto dos milicianos a unha ametralladora franquista, e no cuarto destos asaltos alzou o brazo e disparou ao chou a sua Rolleiflex ( non a habitual Leica I ) e captou por fortuna para él e moi mala para o miliciano “Taíno” o intre exacto da sua morte, a imaxe convertiuse no símbolo máis recoñecido da Guerra Civil Española e da Guerra en xeral.

Leer más

Almuerzo en lo alto de un rascacielos

Almorzo no alto de un rañaceos

A famosa fotografía dos 11 traballadores desfrutando dun ameno almorzo sentados nunha viga do piso 69 do edificio Rockefeller Plaza sobre Manhattan foi , en realidade, unha xenial maniobra publicitaria levada a cabo polo fotógrafo Charles C. Ebbets para difundir a construción do novo rañaceos.

“A imaxe foi un esforzo publicitario do Centro Rockefeller. Parece bastante claro que eran verdadeiros traballadores, pero o evento foi organizado con varios fotógrafos”, dixo Ken Johnston, historiador en xefe de “Corbis Images” e poseedor dos dereitos da fotografía, ao xornal The Independent.

Leer más

The Hosrse in Motion by Eadweard Muybridge

O Experimento Fotográfico do Cabalo

En 1878, Leland Stanford, gobernador de california, apostou cos seus colegas sobre a seguinte cuestión: Levanta un cabalo as 4 patas ao galopar? Hai algún intre onde o cabalo esté completamente no aire?

Como estaban ociosos, buscaron un xeito de resolver o dilema chamando ao fotógrafo Eadweard Muybridge. Este colocou doce cámaras ao longo de 6 metros de lonxitude, que ven sendo a distancia dunha zancada cabalar ao galope, e configurounas para que dispararan secuencialmente a unha milésima de segundo cada unha con respeto a anterior.

O experimento fotográfico convertiuse nun dos máis famosos da historia, e a conclusión final foi que o cabalo Sí permanecía nun intre no aire; satisfeito e co peto cheo, Stanford mesou a sua barba e doulle outro grolo ao Whisky.

Tartan Ribbon Primera Fotografía en Color

Tartan Ribbon

No século XIX algunhas fotografías coloreábanse a man, despois do positivado, era un traballo artístico e creativo, non de técnica fotográfica; na época do Daguerrotipo comezaron a colorarse os retratos e no Xapón coloreábase a maioría das copias á albúmina para a sua posterior venda de vistas de paisaxes e cidades.

Foi xa en 1861 o científico James Clerk Maxwell logrou a que está considerada a primeira fotografía en cor, simplemente xogando co RGB ( Vermello, Verde e Azul ): Realizou 3 fotografías sucesivas de unha cinta con 3 filtros diferentes, un vermello, un verde e un azul. A continuación proxectou as 3 imaxes sobre a mesma superficie

Boulevard du Temple, Paris 1839

A primeira Fotografía de retrato

Conrad Heyer ou John Adams

Sí, existe unha disputa intelectual sobre quen foi a primeira persoa fotografada.

Segundo a Maine Historical Society foi Conrad Heyer, un veterán da Guerra de Secesión Americana nado en 1749 e que foi retratado en 1852, sí con 103 anos!:

Conrad Heyer 1852

Conrad Heyer 1852

Por outra parte a Susquehanna County Historical Society posue unha copia de un zapateiro chamado John Adams nado en 1745 e que ainda que non dispoñen do orixinal, aseguran que a fotografía foi tomada entre 1839 e 1849.

John Adams 1839-1849

John Adams 1839-1849

Ambas fotografías tomáronse coa técnica do Daguerrotipo, Louis Daguerre foi socio de Niepce ata a morte de este, e despois continuo durante anos, sen coñecementos técnicos, facendo proba-erro ata que atopou un sistema propio en 1839. En ese mismo ano, entusiasmado polo seu logro, adicouse a tirar fotografías cal neno con cámara nova, con exposicións de 10 minutos, e entre elas está a fotografía “Boulevard du Temple, Paris” na cal podemos ver a unha persoa! Paciente, por suposto.

Boulevard du Temple, Paris 1839

Boulevard du Temple, Paris 1839

En realidade ese bulevar seguro que estaba ateigado de xente, pero o único que permaneceu estático durante eses dez minutos de exposición da fotografía foi o señor ao que lle estaban a limpar os zapatos, o certo é que resulta xenialmente paradóxico pasar a historia por Non facer nada ;)

Primera persona fotografiada 1839

Primera persona fotografiada 1839